Non busques nesta web para quen traballamos nin que facemos para eles; non o vas a atopar. A discreción distínguenos e a nosa traxectoria aválanos.
Achegamos solucións innovadoras e personalizadas para os nosos clientes. Sabemos axudar a persoas, a institucións, a pemes, a oenegués, a partidos… e a compañías do Ibex 35.
Estamos especializados en comunicación corporativa, pero tamén facemos institucional e política, ademais de investigación sociolóxica. Destacamos fundamentalmente en sectores como a enerxía, a industria, as infraestruturas, os colexios profesionais e a prestación de servizos.
Traballamos para a nosa carteira de clientes estables e tamén para os ocasionais que nos contactan para accións concretas, por eventos illados, ante crises abruptas, con motivo dunha campaña… Ou cando romperon algo que necesitan arranxar.
Estes son algúns dos servizos que prestamos:
- Asesoría e xestión de comunicación
- Relacións públicas e institucionais
- Comunicación de crise
- Informes de contidos estratéxicos
- Comunicación interna
- Deseño de campañas políticas
- Mecenado
- Plans de comunicación
- Creación e xestión de páxinas webs
- Xestión integral de redes sociais
- Marketing dixital
- Asesoramento e implementación de estratexias SEO e SEM
- Medición de reputación dixital
- Auditorías dixitais
- Produción de eventos
- Asesoramento en aplicacións de imaxe corporativa
- Produción de estands
- Xestión de presenza corporativa en feiras
- Cobertura informativa
- Redacción de guións
- Gravación de imaxes
- Postproducción
- Creación en 3D
- Creación, maquetación e artes finais
- Edición de material corporativo
- Publicidade convencional
- Elaboración de manuais de identidade corporativa
- Redacción de textos
- Tradución
- Edición, produción e impresión de todo tipo de libros e publicacións
- Procesos de escoita
- Enquisas sociométricas
- Análises de datos
- Grupos de discusión
- Estudos estratéxicos
- Redacción e xestión de plans de igualdade
- Benchmarking
- Estudos de opinión
- Coaching
- Liderazgo
- Aprendizaxe in-house en oratoria, comunicación, marketing, redes e outros