As redes sociais son lugares de entretemento, de relación e, por suposto, de negocio. Sabías que as utiliza o 86 % dos españois? Así o recolle o Estudio de Redes Sociales 2025 de IAB Spain. A franxa de idade que máis as usa segue sendo a de 25 – 34 anos, seguida pola de 35 – 44, aínda que os usuarios máis novos son quen máis tiempo pasan nelas. WhatsApp continúa sendo a rede social máis utilizada, seguida por Instagram e YouTube, que se consolidan como as plataformas máis relevantes en termos de uso e preferencia.

Con estes datos, as empresas e marcas deben posicionarse nestos entornos dixitais, pero deben pagar por publicitarse nelas? Nesta entrada explicaremos qué é a publicidade en redes sociais, as vantaxes e desvantaxes e se realmente as necesitas.

As vantaxes da publicidade en redes sociais

A publicidade en redes sociais ofrece unha serie de vantaxes.

1. Un gran alcance: as redes sociais teñen millóns de usuarios, o que permite aos anunciantes chegar a unha audiencia moi ampla.

2. Unha segmentación precisa: as plataformas ofrecen a posibilidade de segmentar por criterios demográficos, intereses, comportamentos en liña, etc.

3. Unha maior interacción: os anuncios xeran unha maior interacción e participación nas publicacións.

4. Unha análise precisa: as plataformas ofrecen ferramentas de análise para facer un seguimento de rendimiento dos anuncios en tempo real.

En que casos non se recomenda realizar publicidade en redes sociais? 

A publicidade en redes sociais pode ser unha estratexia efectiva para moitas empresas, pero hai algúns casos nos que non é a estratexia máis apropiada. Aquí che deixamos algúns casos.

1. Se a presencia en redes sociais da túa audiencia obxectiva é escasa.

2. Se o teu presuposto é moi limitado.

3. Se non tes recursos para xestionar a campaña de forma efectiva.

4. Se os teus obxectivos son pouco claros ou pouco realistas.

Publicidade en redes sociais, si ou non? A conclusión

En conclusión, a publicidade en redes sociais é unha estratexia efectiva para aumentar a visibilidade dunha marca, xerar clientes potenciais e aumentar as ventas. Pero, non é adecuada para todas as situacións. Por iso, é importante realizar unha análise da situación, tendo en conta os obxectivos de márketing, o público obxectivo e os recursos dispoñibles, antes de investir diñeiro en publicidade.

Privacy Preference Center