A semana pasada pasaba con certa présa por Xeneral Pardiñas cando dúas mozas paráronme para ofrecerme un cambio: os meus zapatos polos que levaban nunha bolsa. Primeiro dubidei. Pero a bolsa marrón e completamente aséptica non me dicía nada. Ademais, levaba postas as Gazelle que me comprei en Roma, algo vellas xa, pero que non me quito dos pés. Rexeitei a idea e seguín camiñando coa mesma présa de antes, aínda que sen deixar de pensar en que habería dentro.

Xusto hoxe sae no meu ‘Para ti’ de TikTok o vídeo das mozas que vin pola rúa. A bolsa tiña unhas Speedcat vermellas novas! As mesmas que leva Dua Lipa. E eu, aquí, tirada no sofá mirando o móbil e sen os tenis nos que levo pensando semanas. Esta é unha das tantas estratexias que as marcas utilizan en redes para promocionar os seus produtos. No mundo téxtil, da moda, a beleza e o coidado persoal, aínda que a procura por innovar e diferenciarse é constante, existen certos contidos que se repiten en variedade de marcas e que son case transversais a estas. A clave é sumarse ás tendencias para chamar a atención dos usuarios e, ao mesmo tempo, crear contido orixinal para gañar seguidores fieis.

O street márketing, aquelas campañas que teñen como escenario a rúa, evolucionou cara a un formato dixital. O relevante xa non é a cantidade de xente á que podes chegar de ti a ti, senón a que perfís lles pode interesar ese contido en redes. Ti achégaste a falar con cinco persoas, pero o obxectivo pode ser que o vexan vinte mil.

A continuación, presentámosche algúns exemplos recorrentes para promocionar marcas, tanto de vídeos a pé de rúa como no interior de tendas, casas ou oficinas.

@laagam Del 10/10 al 100/10 con la Regina Blouse ✅ #laagam #laagamgirls #fitcheck ♬ sonido original – LAAGAM

E ti? Cambiarías a túa camiseta como esta moza?

Igual viches algún vídeo en TikTok onde se para a unha persoa pola rúa para preguntarlle a hora, por exemplo, ou onde queda cale República do Salvador e, para a túa sorpresa, a resposta non é “as oito e dez” ou “ao final da rúa á dereita”. A persoa responde coa tenda ou marca da que é a súa roupa, como forma de promocionala. Se non o entendes, é porque che falta o contexto da orixe destes vídeos, onde se preguntaba directamente polo outfit. O método resulta eficaz se o que queres é que se coñeza o nome da túa marca.

@laagam qt outfit qtr chocolate @Tony’s Chocolonely
♬ sonido original – LAAGAM
@ladypipa Un lookazo completo de Lady Pipa💅
#fyp
#parati
#weddingdress
#wedding
#weddingtips
#foryou
#trending
♬ sonido original – Lady Pipa


Xa en interior, os vídeos empaquetando produtos resultan un gran estímulo para transmitir información. Explicar como funcionan os envíos, cales son os teus produtos ou como usalos, é máis atractivo para o usuario cun vídeo. “Acompáñame a preparar este pedido mentres…” Con este pretexto, podes contar o que necesites e, ademais, asegurar a atención ata ao final. Por unha banda, ofreces dúas vías de estímulos, visual e auditivo, que versan sobre temas diferentes. A súa funcionalidade nace da capacidade do vídeo para absorberche na historia e non deixar que apartes a vista ata que acabe. Sen que te deas conta, xa escoitaches o que che querían dicir.

@boomiebrand Respuesta a @Raquelita Me lo estoy empezando a tomar como algo personal😬 #canarias #pedidos #preparandopedidos #pestañas ♬ sonido original – BOOMIE BRAND

Por último, lembra que o street márketing non é a única opción. O ideal é combinar estratexias. Entre o máis actual atópanse os vídeos de oficina, transversais a todos os sectores, non só á moda. Á xente interésalle ver quen chega primeiro (ou último), que “meteduras de pata” tiveron os empregados ou como se coñece o equipo persoalmente. Toma nota dos seguintes vídeos:

Privacy Preference Center