É luns e chegas á oficina coa mente aínda na fin de semana. Entras no teu correo e atópaste co novo boletín interno da empresa. Ábrelo ou o mandas directo ao lixo? Ese simple clic pode marcar a diferenza entre unha comunicación interna que conecta e outra que pasa desapercibida. Queda e descobre como implementar unha comunicación interna efectiva que xere sentimento de pertenza e consiga que todo o persoal queira lerte. Pero empecemos polo principio.

Se o pensas, pasamos nos nosos postos de traballo gran parte do noso tempo, oito horas ao día, 40 horas á semana… como mínimo. En moitos casos, compartimos máis tempo cos nosos compañeiros que cos nosos propios amigos ou familiares.

Por iso é tan importante que o traballo non se reduza a estar sentado fronte a unha pantalla, calado e tachando tarefas. Necesitamos sentir que imos a un lugar onde podemos relacionarnos coas persoas que nos rodean, onde formamos parte dun proxecto e onde a nosa voz conta. En definitiva, un espazo no que encaixemos e exista un propósito común. A iso chamámolo sentimento de pertenza, e é a base da motivación e a satisfacción no día a día laboral.

Cómo a comunicación interna xera sentimento de pertenza

En sentido estrito, a comunicación interna é o conxunto de procesos e canles que permiten que a información flúa dentro da empresa entre todos os seus membros. Pero, como algo tan “serio” xera sentimento de pertenza?

Os empregados non deberían enterarse da actualidade da empresa polo xornal nin recibir simplemente a nota de prensa que enviaches aos medios. Merécense un contido pensado só para eles, único e exclusivo.

Cando se deseña de forma estratéxica, a comunicación interna convértese en moito máis que información: é unha ferramenta que une a toda a organización, conecta persoas e fai que ninguén se sinta só un empregado máis, senón parte dun mesmo equipo.

O boletín interno: unha ferramenta de comunicación que engancha

O boletín interno é unha peza clave para conseguilo. Aquí dámosche as claves para elaborar un boletín que faga que todo o persoal espere o seguinte número coma se fose un capítulo da súa serie preferida.

  1. Contido do boletín interno: que contar para enganchar ao equipo

O contido é fundamental para o éxito. Ningún empregado quere ler os beneficios anuais da compañía e, moito menos, se non se reflicten na súa nómina. Non queren ler cifras e notas de prensa.

O que realmente engancha son as historias reais: coñecer aos seus compañeiros, os logros das persoas coas que comparten o café de media mañá, os novos proxectos que saíron adiante e ao equipo que o fixo posible ou as iniciativas máis humanas da empresa.

En resumo, a clave é o contido humano: inclúe entrevistas, reportaxes con citas ou artigos escritos por eles. O obxectivo non só é que lean o boletín, senón que realmente sentan parte del.

  1. O deseño do boletín interno: tan importante como o contido

O formato estático e práctico dunha nota de prensa non é atractivo para estes casos. A importancia do deseño é primordial. Mantén as pautas corporativas, pero, ao mesmo tempo, fai que o boletín sexa atractivo, vivo e que se adapte ás circunstancias.

Por exemplo, un gran fito da empresa non pode quedar nun recadro cunha foto e catro liñas de texto. Fai un deseño especial e que o tratamento estea á altura do acontecemento.

  1. Onde e como distribuír o teu boletín interno

Aínda que o correo electrónico segue sendo a vía principal, hai vida máis aló de Outlook. Tamén podes distribuílo no portal do empregado, nos chats internos (Teams, Slack, WhatsApp…) ou nos taboleiros dixitais das zonas comúns. O importante non é utilizar todas as canles, senón detectar cales funcionan mellor na túa empresa.

  1. Cada canto enviar o boletín interno

Non afogues aos teus compañeiros con comunicacións diarias. Se realmente tes unha gran cantidade de noticias que contar, aposta por un boletín semanal. Se a empresa xera menos contido, podes optar por un boletín mensual, bimensual ou, mesmo, trimestral.

  1. Como recoller feedback do boletín interno e mellorar a comunicación

Un último consello, utilizar sempre o mesmo formato e a mesma periodicidade axuda a crear o hábito de lelo. E non te esquezas de recibir retorno: inclúe unha enquisa de satisfacción ou un email para recibir suxestións, pero que os comentarios non caian nun saco roto.

Para que a comunicación interna xere sentimento de pertenza e sexa realmente útil, os comentarios que recibas a través do boletín merecen ser valorados e, no caso de que sexa necesario, que cheguen aos responsables para mellorar e que o traballo se converta nese lugar onde todos remamos na mesma dirección.

Privacy Preference Center