“Como se nota que empeza a ser verán”, escoitouse esta semana na oficina ao acabar de ler a prensa de cada día. Aclaracións e comentarios como este repítense desde fai mes e medio. Agosto só vén para oficializar o que xa se sabía: o verán transcorre nun deserto informativo, onde ocupa o mesmo a bronca política que Salvador Sobral asegurando que quere ser alcalde dunha aldea de Galicia. Que non sorprenda tampouco o ritmo pouco constante deste blog e o tono relaxado desta publicación, que de primeras se excusa por atoparse en período estival. Presupomos que así se le mellor desde a praia.

A calor é patente e non só no fluxo informativo. No medio da escaseza, publicou estes días un periódico o ránking de infidelidade de verán en España. De seguro que el titular non deixou indiferente a ningún lucense de primeiras. “En Lugo, los cuernos son para el verano”, dicía. Aínda que, como con cada información deste tipo, a idea desvanecerase aos poucos días sen ningún tipo de trascendencia social e sen que ninguén recorde que o 40 % dos divorcios se xestionan tras a época estival.

Esta noticia é exemplo do que no campo xornalístico se coñece como serpe de verán, segundo a RAE: información, xeralmente pouco fundamentada, que se difunde en verán, cando hai escaseza de noticias.

Que non extrañe ver media plana para a deflación e páxinas dobres para crónicas de concertos e verbenas. A carga informativa é menos, non por falta de relevancia, senón porque a tregua estival dáse en todos ou case todos os ámbitos. O Parlamento de Galicia cesa a súa actividade ordinaria ata setembro, as Cortes Xerais reúnense de forma extraordinaria e agosto é considerado o mes inhábil procesal da xustiza. Mentras tanto, arranca o Nadal en Vigo.

A pesar de non seguir os valores noticia máis habituais, estas serpes de verán deben terse en igual consideración que as demais, posto que se escriben co mesmo coidado e estilo que o resto do ano. En medio da carga de traballo, que para nós tamén se reduce no verán, ocupamos parte da semana recompilando as noticias máis destacadas e comentadas na oficina.

Coa calor instalada e o ritmo máis pausado, recollemos algunhas desas noticias curiosas que só florecen no verán. Falamos do regreso do brilli brilli como tendencia estrela nos concertos e verbenas, do auxe de ligar mentres se fai deporte —din que agora as parellas se coñecen en eventos deportivos e non en apps—, e dos clásicos de cada ano: carteis medio arrincados, grafitis novos e papeleiras que non dan abasto. Chamounos a atención tamén un dato curioso: a pataca, segundo parece, está emparentada co tomate. E como non todo é ciencia, tamén rimos cos vídeos virais de turistas pelexando por reservar tumbona a primera hora. Noticias lixeiras que se prestan á conversa, sobre todo cando o verán invita a baixar unha marcha.

A próxima publicación recuperará o estilo formal e menos relaxado do blog, pero iso será cando espertemos desta sesta nacional que é o verán.

 

Privacy Preference Center