{"id":147464,"date":"2025-09-23T08:25:25","date_gmt":"2025-09-23T08:25:25","guid":{"rendered":"https:\/\/www.incis.net\/?p=147464"},"modified":"2025-09-24T09:46:26","modified_gmt":"2025-09-24T09:46:26","slug":"comunicacion-interna-a-clave-para-crear-sentimento-de-pertenza-no-teu-equipo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/comunicacion-interna-a-clave-para-crear-sentimento-de-pertenza-no-teu-equipo\/","title":{"rendered":"Comunicaci\u00f3n interna: a clave para crear sentimento de pertenza no teu equipo"},"content":{"rendered":"<p>\u00c9 luns e chegas \u00e1 oficina coa mente a\u00ednda na fin de semana. Entras no teu correo e at\u00f3paste co novo bolet\u00edn interno da empresa. \u00c1brelo ou o mandas directo ao lixo? Ese simple clic pode marcar a diferenza entre unha comunicaci\u00f3n interna que conecta e outra que pasa desapercibida. Queda e descobre como implementar unha comunicaci\u00f3n interna efectiva que xere sentimento de pertenza e consiga que todo o persoal queira lerte. Pero empecemos polo principio.<\/p>\n<div class=\"textboxes\">\n<div class=\"col_b\">\n<div class=\"textbox\">\n<h2 id=\"contenedor\" class=\"textarea unknown\">Por que o sentimento de pertenza \u00e9 clave nas empresas<\/h2>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<p>Se o pensas, pasamos nos nosos postos de traballo gran parte do noso tempo, oito horas ao d\u00eda, 40 horas \u00e1 semana\u2026 como m\u00ednimo. En moitos casos, compartimos m\u00e1is tempo cos nosos compa\u00f1eiros que cos nosos propios amigos ou familiares.<\/p>\n<p>Por iso \u00e9 tan importante que o traballo non se reduza a estar sentado fronte a unha pantalla, calado e tachando tarefas. Necesitamos sentir que imos a un lugar onde podemos relacionarnos coas persoas que nos rodean, onde formamos parte dun proxecto e onde a nosa voz conta. En definitiva, un espazo no que encaixemos e exista un prop\u00f3sito com\u00fan. A iso cham\u00e1molo sentimento de pertenza, e \u00e9 a base da motivaci\u00f3n e a satisfacci\u00f3n no d\u00eda a d\u00eda laboral.<\/p>\n<h2><strong>C\u00f3mo a comunicaci\u00f3n interna xera sentimento de pertenza<\/strong><\/h2>\n<p>En sentido estrito, a comunicaci\u00f3n interna \u00e9 o conxunto de procesos e canles que permiten que a informaci\u00f3n fl\u00faa dentro da empresa entre todos os seus membros. Pero, como algo tan \u201cserio\u201d xera sentimento de pertenza?<\/p>\n<p>Os empregados non deber\u00edan enterarse da actualidade da empresa polo xornal nin recibir simplemente a nota de prensa que enviaches aos medios. Mer\u00e9cense un contido pensado s\u00f3 para eles, \u00fanico e exclusivo.<\/p>\n<p>Cando se dese\u00f1a de forma estrat\u00e9xica, a comunicaci\u00f3n interna conv\u00e9rtese en moito m\u00e1is que informaci\u00f3n: \u00e9 unha ferramenta que une a toda a organizaci\u00f3n, conecta persoas e fai que ningu\u00e9n se sinta s\u00f3 un empregado m\u00e1is, sen\u00f3n parte dun mesmo equipo.<\/p>\n<h2><strong>O bolet\u00edn interno: unha ferramenta de comunicaci\u00f3n que engancha<\/strong><\/h2>\n<p>O bolet\u00edn interno \u00e9 unha peza clave para conseguilo. Aqu\u00ed d\u00e1mosche as claves para elaborar un bolet\u00edn que faga que todo o persoal espere o seguinte n\u00famero coma se fose un cap\u00edtulo da s\u00faa serie preferida.<\/p>\n<ol>\n<li>\n<h3><strong> Contido do bolet\u00edn interno: que contar para enganchar ao equipo <\/strong><\/h3>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p>O contido \u00e9 fundamental para o \u00e9xito. Ning\u00fan empregado quere ler os beneficios anuais da compa\u00f1\u00eda e, moito menos, se non se reflicten na s\u00faa n\u00f3mina. Non queren ler cifras e notas de prensa.<\/p>\n<p>O que realmente engancha son as historias reais: co\u00f1ecer aos seus compa\u00f1eiros, os logros das persoas coas que comparten o caf\u00e9 de media ma\u00f1\u00e1, os novos proxectos que sa\u00edron adiante e ao equipo que o fixo posible ou as iniciativas m\u00e1is humanas da empresa.<\/p>\n<p>En resumo, a clave \u00e9 o contido humano: incl\u00fae entrevistas, reportaxes con citas ou artigos escritos por eles. O obxectivo non s\u00f3 \u00e9 que lean o bolet\u00edn, sen\u00f3n que realmente sentan parte del.<\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li>\n<h3><strong>O dese\u00f1o do bolet\u00edn interno: tan importante como o contido<\/strong><\/h3>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p>O formato est\u00e1tico e pr\u00e1ctico dunha nota de prensa non \u00e9 atractivo para estes casos. A importancia do dese\u00f1o \u00e9 primordial. Mant\u00e9n as pautas corporativas, pero, ao mesmo tempo, fai que o bolet\u00edn sexa atractivo, vivo e que se adapte \u00e1s circunstancias.<\/p>\n<p>Por exemplo, un gran fito da empresa non pode quedar nun recadro cunha foto e catro li\u00f1as de texto. Fai un dese\u00f1o especial e que o tratamento estea \u00e1 altura do acontecemento.<\/p>\n<ol start=\"3\">\n<li>\n<h3><strong>Onde e como distribu\u00edr o teu bolet\u00edn interno<\/strong><\/h3>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p>A\u00ednda que o correo electr\u00f3nico segue sendo a v\u00eda principal, hai vida m\u00e1is al\u00f3 de Outlook. Tam\u00e9n podes distribu\u00edlo no portal do empregado, nos chats internos (Teams, Slack, WhatsApp\u2026) ou nos taboleiros dixitais das zonas com\u00fans. O importante non \u00e9 utilizar todas as canles, sen\u00f3n detectar cales funcionan mellor na t\u00faa empresa.<\/p>\n<ol start=\"4\">\n<li>\n<h3><strong> Cada canto enviar o bolet\u00edn interno<\/strong><\/h3>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p>Non afogues aos teus compa\u00f1eiros con comunicaci\u00f3ns diarias. Se realmente tes unha gran cantidade de noticias que contar, aposta por un bolet\u00edn semanal. Se a empresa xera menos contido, podes optar por un bolet\u00edn mensual, bimensual ou, mesmo, trimestral.<\/p>\n<ol start=\"5\">\n<li>\n<h3><strong> Como recoller <em>feedback<\/em> do bolet\u00edn interno e mellorar a comunicaci\u00f3n<\/strong><\/h3>\n<\/li>\n<\/ol>\n<p>Un \u00faltimo consello, utilizar sempre o mesmo formato e a mesma periodicidade axuda a crear o h\u00e1bito de lelo. E non te esquezas de recibir retorno: incl\u00fae unha enquisa de satisfacci\u00f3n ou un email para recibir suxesti\u00f3ns, pero que os comentarios non caian nun saco roto.<\/p>\n<p>Para que a comunicaci\u00f3n interna xere sentimento de pertenza e sexa realmente \u00fatil, os comentarios que recibas a trav\u00e9s do bolet\u00edn merecen ser valorados e, no caso de que sexa necesario, que cheguen aos responsables para mellorar e que o traballo se converta nese lugar onde todos remamos na mesma direcci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 luns e chegas \u00e1 oficina coa mente a\u00ednda na fin de semana. Entras no teu correo e at\u00f3paste co [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":147459,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[181,178],"tags":[],"class_list":["post-147464","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-comunicacion-interna-gl","category-comunicacion-corporativa-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/147464","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=147464"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/147464\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":147466,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/147464\/revisions\/147466"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/147459"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=147464"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=147464"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.incis.net\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=147464"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}