| Comunicación e Investigación Sociolóxica |
![]() |
Desde os escritores clásicos aos financeiros máis sobresaíntes da actualidade, todos coinciden na importancia da comunicación e dos valores intanxibles da empresa. Miguel de Cervantes escribiu que "vale máis o bo nome que as moitas riquezas", e un dos personaxes máis ricos do mundo presente, Warren Buffet, asegura que "podo gañar moitos máis cartos xestionando activos intanxibles que activos tanxibles".
Empresas, institucións e personalidades públicas vense na permanente necesidade de que se consideren os seus intereses, os seus produtos ou as súas formulacións fronte a opcións alternativas. Tampouco abonda con producir e vender ben; hai que facelo de xeito responsable e sostible.
Trátase de que o cliente confíe na empresa que lle serve ou coa que se relaciona. Para iso organizacións e persoas precisan unha relación fluída, directa e eficaz cos seus respectivos públicos.
Unha relación comunicacional que non é posible acadar só co recurso á campaña publicitaria convencional, porque as vellas receitas xa non serven para o século XXI. Nesta tarefa estamos á súa disposición: analizaremos a súa situación, estudiaremos as súas prioridades e proporémoslles a fórmula que mellor se adapte aos seus obxectivos.
